Vicia sepium


Perenne, pubescente, gabeadora, con talos aéreos angulosos de ata 70 cm. As follas, de 35-113 mm., pecioladas ou case sésiles, rematadas en gabiáns, levan 4-7 pares de folíolos ovado a lanceolados, mucronados, de 10-33 x 5-17 mm. Inflorescencias sobre pedúnculos de 3-12 mm., con 2-7 flores.

Flores con pedicelos de 1 mm., e cálice de 7-9 mm., cigomorfo con dentes desiguais, todos máis curtos có tubo. Corola azulado-púrpura, con estandarte de 10-17 mm., ás de 9,5-15,5 mm. e quilla de 8-13 mm. Legumes de 25-33 x 6-8 mm., glabros, escuros ao madureceren.

Florece entre abril e xullo en prados húmidos e beiras de bosques de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Fabaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.