Vicia angustifolia


Anual, pelosa ou glabra, con talos de ata 80 cm. As follas, de 25-55 mm., pecioladas ou case sésiles, rematadas en gabián, levan 3-6 pares de folíolos obcordiformes a lineares, de 6-34 x 0,7-6,5 mm.

Inflorescencias sésiles ou con pedúnculos de ata 3 mm., con só 1-4 flores e pedicelos de 1-2 mm. Cálice de 6-10 mm., actinomorfo, con tubo de 4-6 mm. e +- 10 nervios.

Pétalos violáceos (azuis ao secaren), con estandarte de 11-22 mm., ás de 8,5-19 mm. e quilla de 6-13 mm. Legume de 24-27 x 3,5-5,5 mm., linear-oblongo, comprimido, sésil, glabro, con 6-15 sementes.

 Florece entre marzo e agosto en terras de cultivo e pastos de toda Galiza.


Lugar de observación: 

  • A Veiga. Lalín.
  • Taboada. Silleda.
Tagged:  Fabaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.