20 Feb
20Feb

Planta erecta a deitada, con talos máis ou menos pubescentes de ata 40cm. As follas, de 1,2-6,7 cm., levan 4-15 pares de folíolos de 2,5-7 mm., obovados ou elípticos, mucronados. Inflorescencia sobre pedúnculo de 9-33 mm., formada por 2-6 flores, que leva debaixo unha bráctea foliácea con 3-4 pares de folíolos.

Flores subsésiles, con cálice de 2,3-2,8 mm. peloso. Labio inferior con 3 dentes, máis longo có superior. Corola rosada a case branca coa quilla amarela, co estandarte de 3,5-4,5 mm. Legume pouco curvado, de 13-30 mm., contraído entre as sementes, con bico de non máis de 3 mm.

Florece entre abril e agosto en prados de toda Galiza.


Lugar de observación: Carballeda. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.