Vicia villosa


Anual, gabeadora, con talos angulosos de ata 70 cm. Follas de 30-70 mm., rematadas en gabián, con 4-9 pares de folíolos elípticos, de 7-27 x 1,5-6 mm. Inflorescencias con pedúnculo de 4-14,5 mm. (polo menos tan longo como a folla correspondente), con acio de 10-23 flores.

Flores con pedicelos de 1-2,5 mm., e cálice de 4,5-6,5 mm., cigomorfo e cunha protuberancia na base, con dentes desiguais, pouco pelosos ou glabros. Corola con estandarte de 12-28 mm., púrpura ou azul-violáceo, ás de 11,5-17,5 mm., máis ou menos brancas, e quilla de 8-12,5 mm., co ápice escuro. Legume de 25-30 x 8-10 mm., glabro, con 2-5 sementes.

Florece entre maio e xullo en toda Galiza, sendo rara á beira do mar.


Lugar de observación: Rodeiro.

Tagged:  Fabaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.