Vicia lutea


22 May
22May

Anual, apenas pelosa, con talos angulosos de ata 60 cm. Follas de 15-58 mm. rematadas en gabiáns ramificados, con 5-8 pares de folíolos elípticos ou oblongo-elípticos, de 6-27 x 1,5-5,5 mm. As flores van en grupos de 1-3, curtamente pedunculadas, con cálice de 7,5-12 mm., cigomorgo e dentes desiguais.

A corola é amarela ou abrancazada, a miúdo levemente tinguida de azul violáceo, con estandarte de 19-27 mm. Legume de 25-43 x 8-14 mm., con 2-4 sementes, pubescente, con pelos que levan un tubérculo na base.

Florece entre abril e xuño en toda Galiza.


Lugar de observación: Aldea de Baixo. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.