22 Feb
22Feb

Perenne, con talos reptantes de ata 60 cm. que arraigan, polo que inza moito. As follas, con pecíolos glabros levan folíolos obcordados, obovados ou case orbiculares, de 10-47 mm., ás veces manchados.


As inflorescencias son hemisféricas, axilares, de 10-40 mm. de diámetro, sobre pedúnculo glabro de ata 44 cm. As flores, dispostas sobre pedicelos que se curvan despois da floración, levan cálice con 10 nervios, tubo de 1,5-3,3 mm., cos 3 dentes inferiores de menor tamaño cós superiores. Corola branca ou algo rosácea, con estandarte de 5,7-11,7 mm. Legume indehiscente, de 1-4 sementes.

Florece entre abril e setembro en prados, céspedes, etc., sendo a miúdo plantada para mellorar os prados.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.