Trifolium incarnatum


Anual, erecta, de 20-65 cm, pelosa con pelos patentes inferior e adpresos superiormente. Os folíolos son obovados ou obcordados, de ata 30 x 40 mm., denticulado polo ápice. As inflorescencias son grandes, de 10-70 mm. elipsoideas na floración e subcilíndricas na frutificación, con longos pedúnculos de ata 13 cm. 

As flores levan cálice pubescente de 10 nervios, con tubo de 2,7-5 mm., dente inferior de 4,5-7 mm. e superiores de 4-6,5 mm., aberto en estrela na frutificación. A corola é de cor vermella viva, con estandarte de 9-16 mm. Legume con unha semente.

Florece entre maio e xullo, en moitos lugares asilvestrada, por ser planta cultivada para forraxe.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Tagged:  Fabaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.