Sonchus asper


Anual, con talos fistulosos de ata 120 cm., glabra agás nos pedúnculos e ápiece dos talos, que poden levar pelos glandulosos. As follas inferiores son espatuladas, enteiras e pinnatipartidas, as superiores pinnatífidas, con beiras espiñentas e aurículas basais en espira.

Capítulos en cimas corimbiformes, con 35-45 brácteas. Lígulas amarelas, menores co tubo da corola. Aquenios de 2-3,5 x 1 mm., comprimidos, alados e con 3 costelas a cada lado, cos espazos intercostelas lisos, sempre con papo de 6-9 mm.

Florece entre maio e setembro en lugares removidos e beiras de estradas.


Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.

Tagged:  Asteraceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.