13 May
13May

Planta bienal ou perenne, con talos de ata 150 cm., máis ou menos pelosos, só ramificados na inflorescencia. As follas basais en mouta, e as caulinas inferiores de 10-20 cm., con lirado-pinnatífidas, pecioladas, e xa aparecen murchas cando a floración.

As superiores, semiamplexicaules, pinnatífidas ou bipinnatífidas, levan 4-5 pares de segmentos laterais que fan ángulo recto co nervio central, e lóbulo terminal de maior tamaño.

Capítulos numerosos de 15-20 mm. de diámetro, dispostos en corimbo.

Levan invólucro de 5-9 mm., glabrescente, con 2-5 brácteas suplementarias e lígulas de ata 12 mm., raramente ausentes, amarelas coma os flósculos. Aquenios de 1,5-2,5 mm., os externos glabros e os interiores pelosos, todos con papo caedeiro de 4-5,5 mm.

Florece entre xuño e outubro en todo tipo de terreos. É planta velenosa para o gando.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.