Glebionis segetum


Anual, glabra, de talos de ata 80 cm. e follas alternas oblongas, sendo as superiores case enteiras, algo amplexicaules, e as inferiores e medias inciso-dentadas. Capítulos con invólucro de 13-20 mm. de diámetro, con brácteas ovadas, obtusas, con marxes acastañadas e ápice escarioso. Todas as flores de cor amarela.

Aquenios exteriores (procedentes das lígulas) alados, os internos con 10 costelas. Florece entre abril e outubro en campos e prados de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Asteraceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.