19 Feb
19Feb
Bienal a perenne, con talos ramosos de ata 80cm. recuberta de pubescescia mesta, amarela e glandulosa. Follas de 20-80 x 3-30 mm., lineares a oblongo-lanceoladas, as inferiores pecioladas e as superiores amplexicaules, enteiras e pinnatisectas, recubertas de dous tipos diferentes de pelos, estrelados e curtos.

Capítulos dispostos en corimbos con invólucro de 7-11 x 5-10 mm., con brácteas nas que tamén aparece un terceiro tipo de pelos, longos e glandulosos. Aquenios de 1,5 mm.
Florece entre abril e setembro en lugares removidos ou secos de toda Galiza.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.