Carlina corymbosa


12 Feb
12Feb

Perenne, con 1 ou máis talos tomentosos que acadan os 50 cm. e xorden de rizoma subterráneo. As follas, ríxidas, de ata 9 x 3 cm., oblongo-lanceoladas a ovadas, dentadas a pinnatipartidas, levan as beiras onduladas, fortemente espiñentas.

Capítulos de 12-20 mm. (só os flósculos), dispostos en pólas curtas, formando un corimbo mesto. Brácteas involucrais internas amarelas ou acastañadas, brillantes, as externas sen sobrepasar ou sobrepasándoas só ata 15 mm. 

Flósculos amarelos. Aquenios de 2,5 mm., con papo de 8 mm., de pelos plumosos.

Florece entre xuño e agosto en lugares incultos e secos de toda Galiza, mesmo na beiramar.


Lugar de observación: Ribeira do río Arnego. Toiriz. Vila de Cruces.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.