Solidago virgaurea


Talos de ata 100 cm., con follas basais pubescentes, de 2-10 cm., oblongo-lanceoladas a elípticas, sendo as caulinas de 5-30 cm., menores canto máis altas, dispostas alternadamente.

Inflorescencia terminal tirsoidea, con capítulos de 7-10 mm. de diámetro, con 6-12 lígulas de 4-9 mm., 10-30 flósculos, e invólucro de 4,5-8 mm. Aquenios acastañados, pubescentes, de 3 mm. con vilano de 5 mm.

Florece entre xuño e setembro en lugares asollados de toda Galiza (pero falta nas zonas baixas), sendo planta de gran variabilidade. Considérase astrinxente e diurética por vía interna, e vulneraria aplicada exteriormente.

Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Asteraceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.