06 May
06May

Planta con talos de ata 40 cm. (raramente), escabrosos por estar recubertos de pequenos aguillóns. Follas en verticilos de 6, linear-lanceoladas, as superiores de 5-20 x 1-5 mm., ásperas pola cara e beiras, mucronadas. As flores, dispostas en grupos de 4-10 en cabezolas, levan corola lilácea de 4-5 mm., con 4 lóbulos menores có tubo e rematados en aresta.

Froito de dous mericarpos, de 2-7 mm.

Florece entre marzo e setembro, en toda Galiza, en especial en céspedes e terras de cultivo.


Lugar de observación: Brocos. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.