Galium mollugo


Perenne, con talos de ata 150 cm., lisos e glabros, cuadrangulares, con moitas pólas e estolóns arraigantes. As follas, 6-10 por verticilo, de 6-128 x 2-8 mm., oblongas ou oblongo-lanceoladas, estreitadas de socato no ápice. 

Inflorescencia laxa, ovoidea, moi ramallenta con flores de corola branca de 2,6 x 3,7 mm., de diámetro, con lóbulos de 1,1 x 1,5 mm. sobre pedicelo de 1,3 x 1,5 mm., (xeralmente maiores có diámetro da corola), separadas na floración as de cada par. Mericarpos de 1-1,5 mm.

Florece entre xuño e agosto en toda Galiza en beiras de bosques.


Lugar de observación: Celemín. Lalín.

Tagged:  Rubiaceae
  • 20/09/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.