Galium aparine


Anual, con talo de ata 180 cm., a miúdo gabeadoras, cuadrangulares, con pequenos aguillóns virados cara atrás, pelosos só nos nós, engrosados. As follas, de 30-60 x 3-8 mm., anchas ou estreitamente oblanceoladas, aparecen en verticilos de 6-9, e rematan en mucrón.

Froitos de 3-5 mm., cubertos de pelos engrosados na base e de punta revirada.

Inflorescencia ovoide a cilíndrica en conxunto, con flores de corola branca, de 1,5-2 mm. de diámetro.

Florece entre abril e outubro, sendo considerada herba ruín de beiras de camiño.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.

Tagged:  Rubiaceae
  • 12/12/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.