Galium broterianum


Perenne, estolonífero, con talos ascendentes de ata 70 cm., tetragonais, glabros ou pelosos por abaixo. As follas, elípticas, obtusas, con 3 nervios, de 15-30 x 8-12 mm., dispostas en verticilos de 4 e rodeadas dun verticilo de pelos.

As flores, con pedicelos de 1-3 mm., aparecen en inflorescencias piramidais, mestas, formadas por corimbos. Pedicelos de 2-3 mm., e corola branca en funil, de 3-3,5 mm. de diámetro. Froito de 1-1,5 mm., glabro ou papiloso.

Florece entre xuño e setembro en lugares sombrizos. É endemismo ibérico occidental.


Lugar de observación: Aldea de Grobas. Serra do Candán.

Tagged:  Rubiaceae
  • 20/09/2017
  • 12/12/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.