13 May
13May

Planta anual, con talos de ata 40 cm., pouco pelosos, algo carnosos. Follas pinnatífidas con lóbulos distantes, obtusos e dentados, as inferiores de curto pecíolo e perfil obovado, as superiores oblongas, sésiles pero non ou apenas amplexicaules.

Capítulos de 4-5 mm., case sésiles en acios corimbosos, con pedúnculos que se alongan na frutificación.

Invólucro de 6-10 mm. de longo, con máis de 8 brácteas suplementarias de 1-2 mm., glabras e puntuadas de negro.

Normalmente carecen de lígulas, pero poden levar 6-10, de 1.5-4 mm., reviradas despois da floración. Aquenios de 1,5-2 mm., pelosos entre as costelas.

Florece todo o ano, en cultivos, terras incultas, etc.


Lugar de observación: Carmoega. Sobreirais do Arnego. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.