21 Feb
21Feb

Anual, erecta, peloso-grandulosa, polo menos na inflorescencia, con talos de ata 70 cm. Follas irregularmente pinnatífidas ou pinnatisectas, as basais e caulinas inferiores oblongo-lanceoladas, con curto pecíolo, as superiores oblongas, amplexicaules.

Capítulos numerosos de 4-6 mm. de diámetro, dispostos en corimbo terminal con só lígulas. Invólucros de 6-8 mm. de longo, glandulosos, ás veces coas brácteas renegridas no ápice, sendo as suplementarias 3-5, de 1-2 mm.

Lígulas amarelas en número de 8-15, de 2-3,5 mm., reviradas despois da floración. Aquenios de 2-3,5 mm., pubescentes.

Florece entre abril e outubro en toda Galiza.


Lugar de observación: Alperíz. Parada. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.