Senecio nemorensis


Perenne, con estolóns de ata 20 cm. ou sen eles. Talos erectos de ata 200 cm. (raramente), pubescentes abaixo, moi foliosos e ramificados na metade superior ou só na inflorescencia.

As follas son ovadas a elíptico-lanceoladas, dentadas, de 5-20 x 1-7 cm., pouco menores as inferiores cás superiores, coa cara glabra e o envés peloso, as inferior pecioladas e as superiores sésiles, algo amplexicaules, a miúdo asimétricas.

Capítulos numerosos, de 20-35 mm. de diámetro, dispostos en corimbos. Levan invólucro de 5-9 mm., con 3-5 brácteas suplementarias, todas elas con ápices tinguidos de negro. Lígulas amarelas en número de 5-6, de 12-15 mm. Aquenios glabros, de 4 mm.

Florece entre maio e agosto en galerías de ríos e bosques húmidos e sombrizos.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Asteraceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.