Scorzonera humilis


19 May
19May

Raiceira rexa, da que xorden un ou varios talos de ata 40 cm., máis ou menos algodonosos, con 1-7 follas. As basais, de 5-30 x 0,3-0,5 cm., son lineares ou lanceoladas, pecioladas. Capítulos con invólucro de 15-30 mm., e lígulas amarelo-abrancazadas, ata dobre de longas cás brácteas.

Aquenios de 7-11 mm., cilíndricos, con costelas lisas, glabras. O bico, de cor branca, é pouco máis longo có propio aquenio.

Florece entre xuño e agosto en brañas e toxeiras húmidas e a certa altitude en toda Galiza.


Lugar de observación: Monte do Carrio. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.