Scilla monophyllos


Bulbo de 10-20 mm. de diámetro, do que xorde escapo de 5-30 cm. e unha única folla plana, linear-lanceolada, de 10-30 mm. de ancha que aparece envaiñadora arredor do escapo. Este leva a inflorescencia, acio laxo de 4-12 flores.

Pedicelos florais inferiores de 10-15 mm., con cadansúa bráctea de 4-7 mm., moito menores que os pedicelos. Tépalos azuis de 6-8 mm. Froitos en cápsula ovoidea de 6-8 mm.

Florece entre abril e xuño nas partes medias e baixas de toda Galiza, en breixos.


Lugar de observación: Bustelos. Serra do Candán. Lalín.

Tagged:  Asparagaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.