Hyacinthoides non-scripta


Follas en número de 4-12, lineares ou linear-lanceoladas, de 10-50 x 7-15 mm. Escapo da mesma altura ou pouco máis, levando acio laxo unilateral e con ápice curvo ou nutante de 4-16 flores arrecendentes, pendurantes.

Pedicelos máis curtos cás flores, levando ao pe 2 brácteas desiguais que os superan en tamaño. Perianto cilíndrico-campanulado de 6 tépalos de 14-20 mm., azulados a violáceos (algunha vez brancos), recurvos na parte externa e unidos na inferior. Estigma trilobado.

Estames desiguais, inseridos no medio do tépalo, e anteras de cor crema. Florece entre marzo e maio nas fragas e touzas do interior.



Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Tagged:  Asparagaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.