24 Jul
24Jul

Bulbo ovoideo de 15-30 mm. de diámetro. Escapo de 5-20 cm. e follas lineares, acanaladas en número de 5-10, de 4-15 cm. x 1-2 mm. (aproximadamente a metade do escapo), que aparecen despois da floración.

Inflorescencia en acio alongado de 6-20 flores. Estas levan tépalos pequenos (3-5 mm.), azuis ou liláceos, sobre pedicelos de 8-15 mm., sen brácteas.

Froito en cápsula case globosa.

Florece entre agosto e outubro (como o seu nome específico indica), en toda Galiza, pero en especial en prados e terras soltas.


Lugar de observación: Alperíz. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.