Ruscus aculeatus


Arbusto normalmente dioico (é dicir, que hai individuos macho e individuos hembra), con talos de 10-100 cm., verde escuros, con pólas estriadas que levan cladodios ovalados ou lanceolados con punta espiñenta (que dan pé aos nomes galegos), de 1-4 cm.

Flores (1 ou 2) con tépalos de 4-5 mm., sendo menores as internas, todas verdosas con liñas violetas.

Froitos en baia vermella, de 15 mm. de diámetro. 

Florece entre abril e agosto, de xeito que os froitos aínda se atopan na planta no inverno. Polo vistosa que é, emprégase a planta como adobío nas festas de Nadal e Aninovo, ademáis de como diurética. 

Ten distribución mediterránea, polo que a atoparemos na maior parte do país, con excepción das zonas máis altas.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Asparagaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.