Ornithogalum concinnum


Bulbo de 12-25 mm., aovado, do que xorde un escapo de 12-30 cm. Follas basais en número de 2-4 de 0,4-1 cm. de ancho, xeralmente máis curtas có escapo.

As flores, en número de 6-15 van sobre pedicelos de ata 5 mm., con brácteas máis longas cós pedicelos. Tépalos oblongos de 13-16 mm., brancos. Ovario fusiforme, con estilete máis curto có ovario. Anteras brancas. Froito en cápsula elipsoidea con moitas sementes.

Florece entre marzo e xullo en terreos abertos das partes altas de Galiza.


Lugar de observación: 

  • Monte Faro. Rodeiro.
  • O Navallo. Dozón.
Tagged:  Asparagaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.