20 Feb
20Feb

Planta perenne, arbustiba, con turións (talos do ano) suberectos, arqueados, con pelos estrelados e ás veces tamén simples de sección angulosa de 6-10 mm. Follas dixitadas, con (3) 5 folíolos, glabras pola cara (raramente pelosa) e branco-tormentoso polo envés, de folíolo terminar de obovado a ovado, con ápice marcado.

Inflorescencia piramidal en conxunto, sen follas ou con algunha folla bracteiforme nos 12-17 cm. apicais, no resto con follas simples, con 3 e 5 folíolos.

Flores con 5 sépalos inermes, branco-tormentosos, e 5 ovais ou suborbiculares, de 9-14 mm., de cor rosa forte a brancos. 

O froito (amora), está formado por moitas drupas carnosas dispostas en forma de glomérulo. Empréganse para facer marmeladas e xaropes, ademais de como astrinxentes. As partes novas da planta empréganse en homeopatía para diarreas.

Florece entre maio e agosto en beiras de camiños, claros de bosques, sebes..., con turións que mostran gran agresividade na colonización nesta época.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.