Geum urbanum


Planta pelosa, con talos fértiles de ata 60 cm., erectos, ramificados. As follas basais son pinnatisectas, con 2-5 pares de folíolos lanceolados de tamaño moi diferente, sendo o terminal de 2-10 cm., suborbicular e 3-5 partido.

As follas caulinas, trífidas, case sentadas. Flores en número de 3-12, pentámeras, con sépalos de 7-8 mm. que se fan reflexos, pétalos con amarela viva de 4-5 mm., e epicálice.

Os froitos son aquenios de 3-4,5 mm. inferiormente recubertos de pelosidade longa, formando capítulo mesto, subesférico, sésil sobre o receptáculo (sen pedicelo ningún). Os estiletes, longos, aparecen articulados moi por riba da metade, sendo o bico de 4-5,5 mm.

Florece dende abril a agosto en lugares húmidos e sombrizos de Galiza, agás nas partes altas.


Lugar de observación: 

  • Fraga de Quiroga. Catasós. Lalín.
  • Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.
Tagged:  Rosaceae
  • 20/02/2017
  • 21/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.