Rhinanthus minor


Planta con talos de ata 50 cm. (raramente), glabro ou glabrescente, con follas de 20-40(65) x 4-11 mm., oblongo-lanceoladas a lineares, de beiras crenadas e cor verde escura. Brácteas de 11-22 mm. e flores subsésiles ou pediceladas.

Cálice de 8-11 mm., acrescente na frutificación, glabro ou puberulento, con dentes de 2-3 mm. de longo. Corola amarela de 12-15 mm., con tubo recto e gorxa máis ou menos aberta, con dentes do labio superior de 0,5-1 mm., violáceos, e labio inferior de 4-7 mm. Cápsula de 9-12 mm.

 Florece entre maio e xullo en prados e leiras húmidas.


Lugar de observación: Serra do Candán. Lalín.



Tagged:  Orobanchaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.