Pedicularis sylvatica


Talos de ata 30 cm., sendo o central erecto e os outros máis ou menos deitados, máis longos. Follas bipinnatisectas, de perfil lanceolado. As flores aparecen en acios laxos e levan cálice membranoso, que aparece como inflado na frutificación -acada 10-15 mm.-

A corola é rosácea ou purpúrea, con tubo de 15-25 mm., dobre de longo có cálice. Froito en cápsula ovoidea de 8-14 mm.

Florece en febreiro-outubro, en brañas, herbazais e queirugais de toda Galiza, representada por dúas subespecies ás veces non facilmente diferenciables. A subespecie sylvatica leva cálice glabro, labio superior da corola de 9-10 mm., curvado e cos dous dentiños laterais desta ben evidentes, formando un seo marcado. A subespecie lusitanica, leva  cálice peloso polo menos nas nervacións, e labio superior da corola de 7-9 mm., máis ou menos recto, con dentiños terminais pouco evidentes.


Lugar de observación: A Trigueira. Zobra. Serra do Candán. Lalín.

Tagged:  Orobanchaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.