21 Feb
21Feb

Planta pelosa e moi visgosa, con talos erectos de ata 50 cm. Follas de 10-45 x 6-12 mm., ovado-lanceoladas, pinnatífidas, con 5-9 dentes subobtusos por cada beira. Flores subsésiles, con brácteas máis longas có cálice.

Cálice de 13-16 mm., con dentes lanceolado-lineares, case tan longos coma o tubo, patentes na frutificación. Corola de 15-23 mm., amarela (as más das veces) ou branca, caedeira despois da floración. Anteras pelosas. Froito en cápsula de 7-12 mm., pubescente.

Florece entre marzo e xuño en lugares secos de zonas baixas de Galiza.


Lugar de observación: Carballeda. A Veiga. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.