Orobanche rapum-genistae


Planta vivaz, con talos relativamente rexos, engrosados na base, de ata 80 cm., de cor amarela pálida, ás veces manchada de vermello. As follas, de 20-35 mm., son ovadas a linear-lanceoladas, con pelos non glandulíferos. 

Flores algo fedorentas, dispostas en espiga mesta de 15-35 x 3-4 cm. Levan brácteas de cor castaña clara, de 15-50 mm., sen bractéolas, e cálice de 10-18 mm. Corola de cor castaña clara a escura, ás veces tinguida de amarelo-crema na base, de 20-28 mm., pubescente-glandulosa por fora.

Filamentos estaminais pelosos no ápice, insertos a 2-4 mm. da base da corola e anteras glabras. Cápsula de 10-14 mm.

Florece entre abril e agosto, parasitando a moitas especies da familia das Leguminosas.


Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.

Tagged:  Orobanchaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.