Pulicaria odora


22 May
22May

Planta perenne, con talos de ata 70 cm. (raramente), pouco ramificados ou simples. As follas basais son ovado-lanceoladas, con curto pecíolo, verdes na floración, sendo as caulinas oblongo-lanceoladas, semiamplexicaules (as inferiores auriculadas) coas beiras glandulosas, ásperas pola cara e moi pelosas e griseiras polo envés.

Capítulos, 1 ou varios, de 20-30 mm. de diámetro, sobre pedúnculos engrosados superiormente, de 3-25 cm. que leva 3-9 brácteas. Invólucro hemisférico con brácteas lineares, máis ou menos lanosas, glandulares.

Lígulas amarelas de ata 8 mm. máis longas có invólucro. Aquenios de 2 mm., con papo de escamas libres case ata a base e 10-12 pelos.

Florece entre xuño e xullo, en especial en lugares soltos non lonxe da beiramar.


Lugar de observación: Aldea de Baixo. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.