Potentilla sterilis


Planta vivaz, estolonífera, con talos fértiles e ata 7 cm. de follas trifoliadas, con folíolos obovados de 15-50 mm., dentados na metade superior, máis claro e peloso polo envés.

 

Flores pentámeras con sépalos de 5-8 mm., pétalos brancos de 4-7 mm., e epicálice de pezas máis curtas có cálice. Anteras de 0,5-0,6 mm. Aquenios de 1,6-2,2 mm.

Florece entre marzo e xuño, en beiras de camiños, claros de bosques e lugares sombrizos. A miúdo trabucada con Fragaria vesca, aínda que non dá froito comestible.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Rosaceae
  • 20/02/2017
  • 20/02/2017
  • 21/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.