21 Feb
21Feb

Vivaz, de raíz a miúdo con gromos laterais da que xorden talos arraigantes. Talos fértiles de ata 20 cm., con follas trifoliadas de folíolos de 7-30 mm., oboados e elípticos, pelosos, verdes pola cara e prateados polo envés, dentados só no ápice ou terzo superior.

Flores pouco numerosas, pentámeras, con sépalos de 4-7 mm. pétalos brancos de 6-10 mm. e epicálice máis curto có cálice.

Anteras de 0,8-1,3 mm. Aquenio de 1,5-2 mm.

Florece entre marzo e xuño, aparecendo dende areas de praias ata breixos de altura, sendo moi abondosa sobre serpentinas.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.