26 Jan
26Jan

Planta perenne, con rizoma do que xorden as follas basais, cordadas e circulares, de 10-20 cm., con pongo pecíolo, glabras por riba e pelosas polo envés, de beiras regularmente dentadas. Os escapos aparecen coas follas do ano anterior aínda verdes, e leva 2-7 brácteas escamiformes.

Capítulos dispostos en tirso, en número de 6-20, con invólucro de 7-10 mm. e brácteas verde-claras ou purpúreas, glabras non sendo por uns poucos pelos longos. Flores rosáceas, con cheiro intenso a vainilla, que florecen entre xaneiro e marzo. Lígulas de 4-5,5 mm., levando as flores masculinas estigmas de 1,5-2,5 mm.

Trátase dunha especie ornamental de orixe mediterránea asilvestrada en ameneirais riparios, herbeiras húmidas e cunetas de diferentes zonas de Galiza.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.