Ornithogalum pyrenaicum


04 Jun
04Jun

Planta con talo de ata 100 cm., con 4-8 follas basais a miúdo murchas xa na floración, e inflorescencia en acio frouxo longo alongado (de ata 50 cm.) con 15-40 flores. Perianto de tépalos lanceolado-lineares, amarelos por dentro e cunha banda verde por fóra, de 8-13 x 1-2,5 mm. Anteras amarelas.

Ovario ovoide-lanceolado ou cilíndrico de 2,5-3 mm., con estilete aproximadamente do mesmo longo.

Florece entre abril e xuño a miúdo entre breixos ou mesmo bosques de toda Galiza, aínda que non resulta abondosa.


Lugar de observación: Ponte Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.