Melilotus indicus


03 Jul
03Jul

Planta anual, con talos erectos de 10-70 cm. As follas inferiores levan folíolos de 0,5-2 cm., lanceolado-oblongos, aserrados. 

As inflorescencias, mestas, dispostas sobre pedúnculo de 5-10 mm., levan 15-50 flores. Estas teñen cálice de 1-1,4 mm., con dentes tan longos coma o tubo, e corola amarela de 2-2,5 mm., con estandarte máis longo cás ás e a quilla.

Legumes de 2,5-3 mm., globosos, con 1-2 sementes. Florece entre abril e xullo.


Lugar de observación: Samprizón. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.