Medicago sativa


03 Jul
03Jul

Perenne, a miúdo erecta, máis ou menos pubescente, de ata 90 cm. É planta con gran variabilidade, de folíolos de 10-15 mm., obovados a linear-oblongos, dentados no terzo superior, de cara glabra e envés peloso.

Inflorescencias en acios de 10-40 flores con pedicelos curtos, de 1,5-3,5 mm., rexos. Flores con cálice de 4-5,5 mm., de dentes máis longos có tubo e corola de 7-11 mm., azul ou violácea, con ás pouco máis longas cá quilla.

Froito de 4-8 mm. de diámetro, con 2-3 voltas de espiral, abertas, sen espiñas.

Florece case todo o ano (máis entre maio e agosto), seguramente subespontánea en moitos lugares, xa que se cultiva para forraxe.


Lugar de observación: Samprizón. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.