17 May
17May

Anual, glabra ou algo pelosa, deitada, de ata 75 cm. Os folíolos, de 10-27 mm., con obcordados ou obovados, cuneados, dentados no ápice. Levan as máis das veces unha mancha negra que fan a planta doadamente recoñecible.

As flores van dispostas en acio de 2-6 flores, con pedúnculo máis curto có pecíolo da folla. Levan cálice pubescente de 2,5-4 mm., e corola amarela de 4,5-7,5 mm., co estandarte máis longo e as ás máis curtas cá quilla. Legume case globoso, de 3,5-6 mm. de diámetro, con 5-7 espiras laxas, coas caras planas e as beiras cubertas por 2 ringleiras de espiñas.

Florece entre maio e xullo en céspedes e herbeiras de toda Galiza.


Lugar de observación: Berredo. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.