07 Oct
07Oct

Planta de 20-40 cm., cespitosa, con estolóns curtos e finos. Follas basais planas, de 2,5-4 mm. de anchura.

Inflorescencia de pólas desiguais, patentes tamén na frutificación. Pezas do perianto de 3,5-5 mm., de igual tamaño, acastañadas. Anteras de ata 4 veces máis longas cós filamentos, e estilete tan longo coma o ovario.

Cápsula ovoidea, de 3,5-4 mm.

Florece entre abril e xullo, sendo escasa nas zonas máis baixas de Galiza.


Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.