Juncus effusus


Perenne, cespitosa. Talos de 50-150 cm., de 2 tipos. Os floríferos levan abaixo os restos das verdadeiras follas, reducidas a vaíñas basais castaño-avermelladas. Os talos estériles aparentan, polo tanto, seren as follas.

Ambos os dous tipos de talos lisos ou sucados por 30-60 estrías pouco marcadas, co miolo ou medula continua. Bráctea inferior da inflorescencia moi longa (ata 25 cm, máis cá inflorescencia), aparentando ser a continuación do talo.

Inflorescencia de poucas flores, verde-griseiras, máis ou menos laxa. Tépalos de 1,5-3 mm., apiculados, iguais ou os externos lixeiramente maiores. Tres estames (raramente máis), menores có perianto. Froito en cápsula ovoidea ou globosa de 1,6-2,5 mm., menor có perianto.

Florece entre xuño e setembro, ás beiras dos regatos de toda Galiza.


Lugar de observación: Ribeira do río Deza. Zobra. Serra do Candán.

Tagged:  Juncaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.