Juncus conglomeratus


Perenne, cespitosa. Talos de 40-100 cm., de 2 tipos. Os floríferos levan abaixo os restos das verdadeiras follas, reducidas a vaíñas basais castaño-avermelladas. Os talos estériles aparentan, polo tanto, ser as follas.

Ambos os dous tipos de talos lisos ou sucados por 12-30 estrías ben marcadas baixo a inflorescencia, co miolo ou medula continua. Bráctea inferior da inflorescencia moi longa (ata 18 cm., máis ca inflorescencia), aparentando ser a continuación do talo.

Inflorescencia compacta, ás veces formadas por varios glomérulos. Tépalos de 2-2,6 mm., apiculados, iguais ou os externos lixeiramente maiores, cunha banda verde-greseira e dúas laterais acastañadas. Tres estames (raramente máis), menores có perianto.

Froito en cápsula ovoidea ou elipsoidea, de igual tamaño ou algo menor có perianto.

Florece entre xuño e setembro, nas zonas húmidas de toda Galiza, en especial no interior. A miúdo convive co Juncus effussus.


Lugar de observación: Lalín.

Tagged:  Juncaceae
  • 13/04/2017
  • 15/09/2017
  • 07/10/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.