Luzula campestris


Planta de 8-30 cm., máis ou menos cespitosa, con estolóns curtos. As follas basais son lineares de 2-4 mm., pelosas. Inflorescencia formada por panículo dun glomérulo sésil de 5-12 flores, e 3-8 glomérulos máis do mesmo número de flores sobre poliñas que aparecen máis ou menos encurvadas na frutificación.

Tépalos de 3-4 mm., acastañados. Anteras 2-6 veces maiores cós filamentos.

Froitos en cápsula de 2,5-3 mm., aovados, cun pequeno apéndice no cumio, máis pequeno (o froito) cós tépalos que o envolven.

Florece entre abril e xuño en prados de toda Galiza.


Lugar de observación: Arredores do Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

Tagged:  Juncaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.