Lupinus luteus


Planta anual, erecta, pelosa, de ata 100 cm. Follas dixitadas con 5-9 folíolos de 40-70 x 8-15 mm., oblongo-obovado, pelosos, mucronados no ápice. Inflorescencia en acios terminais descontinuos, de 5-25 cm., con 10-11 verticilos de 5 flores cada un.

As flores arrecendentes, levan pedicelos de 1-2 mm., cálice co labio superior fendido de 6-7 mm., e inferior de 10 mm., con tres dentes.

Corola papilionácea amarela, con estandarte de 15-18 mm., ás de 14-17 mm. e quilla de 14-15 mm. Legumes de 40-50 mm., pelosos, negros, con 4-6 sementes.

Florece entre marzo e xullo en zonas abertas e beiras de camiños de toda Galiza. Tense cultivado para mantenza de animais, aínda que as sementes frescas son pezoñentas.


Lugar de observación: 

  • García Sánchez. Lalín.
  • O Val. Agolada.
Tagged:  Fabaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.