Lupinus angustifolius


Anual, de ata 40 (100) centímetros, pubescente, con talo a miúdo ramificado. As follas, con pecíolo de 2-7 cm. levan 5-9 folíolos estreitos, case lineares, de 10-50 x 2-8 mm., glabros pola cara e pubescentes polo envés. As flores (ata 30) van dispostas alternas nun acio de 10-20 cm., con pedicelos de 2-4 mm.

Levan cálice de 7-9 mm., sedoso, co lavio superior case a metade do inferior. Corola papilionácea de cor variable, máis ou menos azul, con estandarte de 12-16 mm., ás de 13-15 mm. e quilla de 12-15 mm.

Froito, legume peloso, amarelo e negro, con 3-6 sementes.

Florece entre abril e xuño. Nada rara en terreos de cultivos e beiras de camiños de todo o país, aínda que máis habitual na zona mediterránea.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.