Lotus pedunculatus


24 Oct
24Oct

Perenne, estolonífera, case glabra ou ciliada, con talos ramosos ocos, de ata 120 cm., erectos a ascendentes. Folíolos de 8-35 x 3-15 mm., glaucos, con nervios ben marcados no envés, os inferiores de 8-30 x 6-22 mm., ovados, e os superiores de 10-30 x 6,5-15 mm., obovados ou elípticos.

Inflorescencia de 5-18 flores e bráctea trifoliada, pedúnculo de 4-13 cm., e pedicelos máis curtos có tubo do cálice.

Flores con cálice apenas bilabiado, con tubo de 2-4 mm. e dentes lineares xeralmente máis longos có tubo, reflexos antes da floración. Corola de 10-15 mm., amarela con veas avermelladas. Legume lixeiramente comprimido, de 10-40 mm.

Florece entre marzo e outubro, en especial en lugares húmidos ou encharcados de toda Galiza.


Lugar de observación: Aldea de Baixo (Agolada)

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.