Lepidophorum repandum


23 May
23May

Herbácea, anual ou bienal, con talos glabros, erectos, de ata 50 cm. 

Follas indivisas, de beiras serradas, alternas, as basais con longos pecíolos, espatuladas, de 2-6 x 1-2 cm., sendo as caulinas sésiles, oblongas a ovado-oblongas. Capítulos de 20-40 mm. de diámetro, con lígulas de 6-12 mm., amarelas.

Florece entre xuño e agosto. Aínda que non é abondosa, aparece espallada por toda Galiza, en beiras de camiños e lugares húmidos.


Lugar de observación: Aldea de Baixo. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.