12 May
12May

Anual, glabra ou pubértula, con talos de ata 50 cm., percorridos por dúas costelas que raramente dan lugar a ás de 0,3 - 0,5 mm. Follas con pecíolo de 4-16 mm. e un par de folíolos, lineares ou linear-lanceolados, de 6-100 mm., as inferiores rematadas en mucrón e as superiores en gabián simple. 

Estípulas de 6-20 mm., linear-lanceoladas e con 1 dente na base, tan longas ou máis có pecíolo. Inflorescencia reducida a só unha flor, con pedúnculo de 2-30 mm., arestada na metade ou parte superior. Cálice de 3,5 - 7 mm., coa boca truncada e dentiños iguais.

Corola avermellada, de estandarte de 7-13, ás de 6,5-11 e quilla de 5-9,5 mm. Legume de 36-65 x 3,5-5,5 mm., con 6-12 sementes.

Florece entre maio e xuño, en prados e herbeiras de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.