Lathyrus linifolius


Perenne, con rizoma engrosado e tuberosidades nos nós. Talos glabros ou case glabros, de 15-60 cm., con ás de 0,3-1,5 mm. Follas pecioladas, rematadas en mucrón, con 1-4 pares de folíolos de 16-68 mm., ovados a linear-lanceolado, xeralmente obtusos e mucronados.

Estípulas de 5,5-30 mm., ovado-lanceoladas a linear-lanceoladas, maiores canto máis arriba no talo. Inflorescencias en acios con pedúnculo de 40-90 mm., en xeral máis longos cá folla correspondente, con 2-6 flores. Pedicelos de 3-6,5 mm. e cálice de 4,5-9,5 mm., azulado, de boca oblícua e dentes desiguais.

Corola purpúrea ou avermellada, de estandarte de 11-19 mm., ás de 11-15 mm. e quilla de 9-12,5 mm. Legumes de 34-50 x 4-6 mm., con 8-14 sementes.

Florece en todo o interior de Galiza de abril a xullo.


Lugar de observación: Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

Tagged:  Fabaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.